O lado da sombra. Sedición gráfica e iniciativas ignoradas, raras ou desacreditadas entre 1971 e 1989

/
Comisarios Anxo Rabuñal

O lado da sombra é unha proposta de lectura do pasado inmediato a través da creación gráfica en Galicia durante o período que vai desde 1971, case a finais do réxime ditatorial imposto por Franco, ata 1989, ano de finalización do primeiro goberno de coalición da autonomía galega. O propósito da mostra é reflectir a cultura galega non institucional daqueles anos a través de esculturas, obxectos diversos, documentos, fotografías, revistas, libros, discos, filmes, debuxos, cómics e pinturas, nunha selección que recolle o labor dun heteroxéneo conxunto de artistas e activistas. Destacan dentro da exposición o conxunto de revistas autoeditadas como Valium 10, Ameixa Cacofónica ou Atlántico Express, entre outras, e seis curtas do realizador Lorenzo Soler que seguiron excepcionais procesos de produción e autodistribución. O proxecto completaráse coa publicación do catálogo da exposición e dun volume dedicado ao cómic realizado en Galicia nos anos 70.

Artistas: Avilés de Taramancos, Baltanás, Pepe Barro, Carme Blanco, Yayo Cabezas, Chichi Campos, Chankecham, Colectivo da Imaxe, Andrés Colombo, Xavier Correa, Xulio Correa, Isaac Díaz Pardo, Fato Onirista, Fausto, Favorita, Galga, García Calvo, García Varela, Grupos do Castro, Ánxel Huete, Iniciativas de Cultura Popular, Kukas, Lamazares, Leiro, Lokis, Henrique Macías, Xaquín Marín, J. Méndez, , NHU, Xaime Noguerol, Uxío Novoneyra, Carlos Oroza, Antón Patiño, Reimundo Patiño, Isaac Pérez Vicente, Alonso Romero, Manuel Romón, Rompente, Ulises Sarry, Sisga e Lorenzo Soler

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición