O debuxo animado americano. Unha arte do século XX. Colección Luciano Berriatúa

/
Comisarios Luciano Berriatúa

O debuxo animado americano. Unha arte do século XX é unha exposición que recolle os debuxos orixinais de diferentes artistas, anónimos ou recoñecidos dentro da industria do cine de animación, utilizados no proceso de dar vida aos personaxes das películas de debuxos animados. Con esta mostra de debuxos orixinais, affiches e acetatos, a Fundación Luis Seoane pretende poñer de manifesto a importancia dunhas creacións de gran valor plástico que constituen a orixe de todo o proceso de produción que dá lugar ao que entendemos por animación ou debuxos animados. A exposición, dividida en tres bloques cronolóxicos que van dende a época clásica da animación na década dos vinte ata os anos 90 do pasado século, ofrece unha panorámica ampla sobre o traballo dos debuxantes de diferentes productoras, como a Warner, a Disney, os Estudos Fleischer, a UPA, etc., con nomes tan coñecidos como Tex Avery, Paul Terry, Bill Meléndez ou Ralph Bakshi, entre outros moitos.

O debuxo animado americano. Unha arte do século XX debe a súa presenza na Fundación Luis Seoane ao historiador de cine Luciano Berriatúa (Madrid, 1949), xa que as obras que se exhiben pertencen á súa colección privada, unha colección cuxo obxecto é, ademais do puramente artístico, promover a creación dun Museo da Animación, un espazo que permita o estudo, exposición, conservación e arquivo dos debuxos realizados para as películas animadas.

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición