O cine en papel. (S8) – 9ª Mostra de Cinema Periférico

/
Comisarios Elena Duque, Gloria Vilches

A novena edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico xira ao redor dos conceptos de estrutura e tempo, cuestións recorrentes no cine experimental no que o aspecto formal é chave. A presente exposición é un pequeno mostrario de como eses aspectos formais prefiguráronse en forma de diagramas, ferramentas previas ou guías que os cineastas utilizaron para a execución das súas obras, que ademais de constituir unha maneira de afondar nos seus traballos, conxungando a relación entre unha representación espacial inmóbil (o esquema) e outra temporal e móbil (a película), son vehículos de puro goce estético en sí mesmos, pois cada un deles é unha obra de indubidables calidades plásticas. A mostra incluirá obra de autores como Kurt Kren, Rose Lowder, Bill Brand, Bruce Elder, Paul Sharits, Dora Maurer e Peter Kubelka.

Coincindo coa exposición O cine en papel, a partir do 14 de maio poderá visitarse a vídeo instalación As if do cineasta experimental norteamericano Ernie Gehr (Milwakee, 1941), un dos realizadores que explorou máis a fondo as propiedades únicas e específicas da imaxe en movemento como medio. De formación autodidacta, a súa obra insértase no movemento do cine estrutural dos anos setenta. No seu traballo, Gehr cuestiona a idea do cine como medio de representación en favor das propiedades da propia película e a sua relación coa percepción, concepto que desenvolve desde comezos deste século e do que xurde a instalación As if, que o cineasta describe así:

Corrente de luz
Espectro de nubes
Manchas de cor
Pero mira
Un refacho superficial
Deslizamentos e ondas
Relax
Só dura tres minutos
Ti podes
Sí tí podes
Logo volve a velo

Artistas: Bill Brand, Bruce Elder, Kurt Kren, Peter Kubelka, Rose Lowder, Dora Maurer e Paul Sharits

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición