Nas profundidades. Os tentáculos dos anxos

/
Comisarios Xurxo Gómez-Chao

Máis ca unha exposición convencional, Nas profundidades. Os tentáculos dos anxos é un proxecto multidisciplinar producido en exclusiva para a Fundación Luis Seoane. Partindo dun percorrido por trinta pezas de Luis Seoane que recrean a iconografía dos anxos e os polbos, o artista Xurxo Gómez-Chao desenvolve unha instalación audiovisual que, xunto coa coreografía concibida por Bárbara Monteagudo e a música de Rohe & Low e Ricardo Rodríguez, fusiona vídeo-danza, imaxe, luz e música. O espectáculo audiovisual finalizará en abril, mentres que a mostra de óleos e obra gráfica de Seoane poderá ser visitada ata o próximo mes de xuño.

Artistas: Xurxo Gómez-Chao, Barbara Monteagudo, Rohe & Low, Ricardo Rodríguez e Luis Seoane

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición