Moscoso Cosmos. Centro Niemeyer O universo visual de Victor Moscoso

/
Comisarios David Carballal

A exposición Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso abre as súas portas no Centro Niemeyer de Avilés, un espazo cultural interdisciplinar que, entre marzo e xuño de 2022, acollerá a maior retrospectiva realizada ata a data acerca da obra do artista galego, un dos deseñadores máis importantes do século XX, pioneiro da gráfica psicodélica americana.

Comisariada polo deseñador David Carballal, a mostra establece un percorrido pola traxectoria de Víctor Moscoso a través de diferentes seccións temáticas que recollen os aspectos máis destacados do seu traballo, como a célebre serie de carteis de rock psicodélico realizados entre 1966 e 1967 ou a súa participación na revista underground Zap Comix, na que coincidiría con Robert Crumb e Rick Griffin. A exposición inclúe ademais una selección da obra gráfica do artista pertencente ao Concello da Coruña, que posúe a maior colección pública de Moscoso en Europa.

Os carteis cinéticos de Victor Moscoso ocupan unha sección especial na que as imaxes interactúan ao ser expostas a luces intermietentes vermellas e azuis, un método desenvolvido polo artista durante a súa etapa psicodélica. Ilustracións, curtas de animación, cubertas de discos, cómics e documentación biográfica completan un proxecto recollido nun libro publicado con motivo da celebración da mostra, con dirección de arte do propio Moscoso, na que participan o crítico neoiorquino Steven Heller, responsable do limiar, e David Carballal, autor dun ensaio biográfico froito das súas conversas co deseñador.

Moscoso Cosmos é unha coprodución da Fundación Luis Seoane, o MUSAC Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León e o Centro Niemeyer de Avilés, e conta coa colaboración de Acción Cultural Española AC/E.

+ info: CentroNiemeyer

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición