Modelos de intención Bodegóns e paisaxes de Luis Seoane (dos fondos da colección)

/

A exposición Modelos de intención reúne por vez primeira a totalidade dos bodegóns e as paisaxes de Luis Seoane pertencentes aos fondos da colección institucional, ademais de dúas obras, Dos alcachofas, realizada e Castro y nubes naranja, de 1975, que non estaban incluidas na doazón inicial feita pola viúva do pintor, Maruxa Fernández, sendo posteriormente incorporadas ao legado tras o seu falecemento, e que se expoñen agora por vez primeira. A mostra é unha viaxe a través de cincuenta óleos de diferentes formatos que comeza con La botella de anís escarchado e que finaliza nos anos setenta con obras como Cielo gris e Nube negra y pradera, ambas realizadas en 1975, nun percorrido que constitúe unha verdadeira lección teórica na que Seoane aplica a dous motivos clásicos, como a paisaxe e a natureza morta, o filtro das vangardas europeas, establecendo un diálogo directo coa pintura que lle permite experimentar co medio con total liberdade.

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición