Misha Bies Golas. A pel sen esqueleto

/
Planta baja
Comisarios Antía Cea

En A pel sen esqueleto, Misha Bies Golas amosa un conxunto de pezas influidas polas vangardas e o suprematismo ruso, xunto a outros traballos específicos relacionados coa obra de Luis Seoane elaboradas a partir do estudo do arquivo da Fundación Luis Seoane, con especial atención á súa obra gráfica. Algúns dos traballos máis destacados desta mostra xurdiron da superposición das pranchas das carpetas de estarcidos de Luis Seoane, e das viñetas das revistas de Galicia Emigrante, que corresponden ao material dos fotolitos, para os que Misha Bies Golas invertiu os procesos orixinais empregados por Seoane, dando lugar a un conxunto de imaxes abstractas cuxa orixe é, en realidade, figurativa. En palabras do artista, “do material que vin, interesáronme as abstraccións que Seoane compoñía para os fondos onde logo introducía as ilustracións. Nun dos seus textos, fai un comentario sobre o proceso de El Lissitzky. El Lissitzky parte dunhas estruturas lineais, que el denomina esqueletos, sobre as que dispón masas abstractas xeométricas. Seoane conta que o seu proceso é á inversa; sérvese dunhas masas abstractas sobre as que despois incorpora uns esqueletos que definen a figuración, que era o medio para manterse xunto ao pobo. Seoane non podía prescindir da figuración”. Con A pel sen esqueleto de Misha Bies Golas, a Fundación Luis Seoane inaugura Crónicas desde a Seoane, unha nova serie de exposicións nas que se convidará a xóvenes artistas galegos a traballar en proxectos que, dalgún xeito, estarán vinculados ao legado artístico e intelectual de Luis Seoane ou a aspectos relacionados coa propia institución.

Artistas: Misha Mies Golas

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición