Mirada y memoria. Archivo fotográfico Casasola. México 1900-1940

/

A exposición Mirada y memoria. Archivo fotográfico Casasola. México 1900-1940 recolle o traballo realizado ao longo de varias décadas polo estudo de fotografía fundado en 1912 por Agustín Víctor Casasola (Cidade de México, 1874-1938), pioneiro do fotoxornalismo moderno grazas ao seu traballo coas revistas e xornais mexicanos da época, un labor que lle permitiría máis tarde levar a cabo o seu proxecto de crear un arquivo fotográfico ao servizo da historia do seu país. A mostra, que reúne preto de cen fotografías, ofrece un percorrido por algúns dos momentos chave da historia de México, como o Porfiriato ou a Revolución, e reflicte a realidade e os cambios dunha sociedade que evolucionaba cara á modernidade. Na actualidade, o arquivo fotográfico Casasola está custodiado pola Fototeca Nacional do Instituto Nacional de Antropología e Historia de México, e consideráse a colección de fotografía máis importante para entender a historia e a sociedade da primeira metade do convulso século XX mexicano

Artistas: Agustín Víctor Casasola

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición