Miguel Fisac. Huesos varios

/
Comisarios Fermín Blanco

O 12 de maio de 2006 falecía no seu domicilio madrileño o arquitecto Miguel Fisac Serna, un dos nomes chave da arquitectura española do século XX. Co obxeto de dedicarlle unha homenaxe, formúlase unha investigación sobre un dos temas máis interesantes da súa produción, os seus famosos “ósos”, vigas de formigón pretensado de seccións ocas con formas similares a estruturas óseas. A exposición Miguel Fisac. Huesos varios fai un percorrido pola obra do arquitecto manchego a través de fotografías e documentos audiovisuais aos que se engaden trece pezas orixinais de enorme valor histórico. O traballo de investigación realizado polos distintos participantes en esta iniciativa descobre os procesos de prefabricación e montaxe que converteron a Miguel Fisac nun dos nomes máis destacados da arquitectura dos anos sesenta en España.

Durante un ano, o equipo de investigación analizou minuciosamente as pezas incluidas na mostra, chegando mesmo a rescatar unha delas dunha demolición en Vic, Barcelona. Ademais da figura de Miguel Fisac, a exposición recupera os nomes de dous grandes colaboradores do arquitecto: Ricardo Barredo, procedente da enxeñería civil e Vicente Peiró, un prefabricador con inventos curiosos no eido das estruturas ocas.

Miguel Fisac. Huesos varios, despois de visitar Barcelona, Madrid, Cádiz e Toledo deteráse por espazo de tres meses na cidade herculina, para viaxar posteriormente a Valladolid e rematar a súa itinerancia en Tenerife.

Artistas: Miguel Fisac

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición