Maruxa Seoane. Achegamento a Mª Elvira Fernández López. Pazo de San Marcos

/
Comisarios Juan de la Colina

Tras o seu paso pola Fundación Luis Seoane, a exposición Maruxa Seoane: achegamento a Mª Elvira Fernández López viaxa ao Pazo de San Marcos da Rede Museística Provincial de Lugo para render homenaxe e afondar no papel que desenvolveu María Elvira Fernández López, Maruxa Seoane (A Coruña, 1912-2003), compañeira de Luis Seoane, na traxectoria artística do pintor galego, así como na conservación e difusión da obra deste último tras o seu falecemento en 1979, proceso que culminaría no ano 1996 coa creación da Fundación Luis Seoane na Coruña.

A mostra, comisariada polo artista e profesor de arte Juan de la Colina, ofrece un percorrido a través dun conxunto de pezas que inclúen óleos e debuxos orixinais de Luis Seoane dedicados a Maruxa ou inspirados nela, cartas, libros e documental diversa; máis de 200 fotografías, unha selección de obras destacadas da colección da Fundación Luis Seoane, un dispositivo interactivo que reúne a unha serie de mulleres destacadas que tiveron relación con Maruxa, e un documental biográfico realizado para a ocasión polo comisario da mostra que contextualiza a súa figura desde un punto de vista histórico. Maruxa Seoane: achegamento a Mª Elvira Fernández López é un proxecto que busca reñocecer e visibilizar o labor dunha muller do seu tempo, que por vontade propia dedicou a súa vida a Luis Seoane, figura fundamental da arte galega do século XX, participando da súa vocación de servizo á cultura galega.

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición