O (S8) Mostra de Cinema Periférico, que este ano celebra a súa novena edición, presenta a exposición Le paradis, unha retrospectiva sobre a obra de María Ruído (Xinzo de Limia, Ourense, 1967) coa que o certame reivindica o traballo multidisciplinar desta artista visual, realizadora e docente galega dentro do programa SINAIS, dedicado ás correntes do cine máis independente e arriscado en Galicia.
A traxectoria de Ruido comezou en 1998 con traballos que xa desde os seus inicios afondarían na construcción social do corpo e a identidade, os imaxinarios laborais no capitalismo postfordista, e as novas formas da memoria en relación aos relatos oficiais da Historia. Na vídeoinstalación Le paradis, que da título á mostra, e mediante o uso de fragmentos das películas Nathalie Granger (1972) de Marguerite Duras e En rachâchant (1982) dirixida por Danièle Huillet e Jean-Marie Straub con guión da propia Duras, Ruido esboza un fráxil autorretrato ubicado no paraíso da infancia, descrito como un espazo cheo de conflitos e contradiccións. A exposición reúne ademais os seus primeiros traballos, realizados a finais da década dos 90 na Escola de Imaxe e Son de A Coruña, un “regreso ao paraíso”, en palabras da artista, que comprende obras como Ethics of Care (1999), Hansel y Gretel (1998), Cronología (1998), e La voz humana (1998).
Baixo o título La imagen que piensa, o ciclo SINAIS amosará, tamén na Fundación Luis Seoane, unha selección de obras da realizadora galega, que incluirá as pezas Plan Rosebud 1 / Crime Scene (2008) (11 de mayo), Plan Rosebud 2 / Calling the ghost (2008) (11 de mayo), Le rêve est fini (2014) (18 de mayo), L’oeil impératif (2015) (26 de mayo) e, por primeira vez nunha sala de cine, Mater Amatísima que se proxectará o sábado 2 de xuño no auditorio de Afundación.
Máis información sobre a programación da novena edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico:
www.s8cinema.com