Marc Vilanova. LIMEN

/

A obra máis recente do saxofonista e artista multidisciplinar Marc Vilanova chega á Fundación Luis Seoane da man de RESIS Festival de Música Contemporánea de A Coruña. Baixo o título de Limen, Vilanova presenta unha escultura que explora os ultrasons, frecuencias que se atopan por encima do nivel auditivo do ser humano que forman parte da súa experiencia cotiá coa contorna.

En Limen, Vilanova recrea estas frecuencias a través do emprego de fluorescentes, unha das fontes máis comúns de ultrasons. Mediante un micrófono especial, rexistráraonse estas bandas invisibles de luz para traducilas a sons audibles. Os son gravados resultantes desencadean na peza unha coreografía de luz da que forman parte 128 fluorescentes rodeados por un filtro amarelo, unha cor escollida especialmente pola súa capacidade para aumentar o rango de percepción do espectador.

Limen significa limiar, o intermedio, o límite da percepción, un termo que da forma lineal á peza dividindo a sala en dous. A escultura actúa como limiar entre o visible e o invisible, o audible e o imperceptible, o que se pode percibir e o que vai máis aló.

A realización de Limen foi posible grazas ao apoio de CIKE Creative Industry Košice, unha organización sen ánimo de lucro situada en Košice, Eslovaquia, entre cuxos obxectivos atópanse a promoción cultural e educativa; e de KAIR – Košice Artist in Residence, un programa de residencias artísticas situado nesa mesma cidade dirixido a creadores de todo o mundo.

Esta exposición forma parte da programación de RESIS Festival de Música Contemporánea da Coruña desenvolvido pola Asociación Cultural AÏS baixo a dirección do compositor Hugo Gómez-Chao Porta, un certame que desde fai cinco anos se leva a cabo en diferentes espazos culturais da cidade, entre os que se atopa a Fundación Luis Seoane. Tras a súa intervención na pasada edición de 2020, esta será a segunda vez que Marc Vilanova presente o seu traballo no marco deste festival.

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición