Luis Seoane nas coleccións privadas I

/

A obra de Luis Seoane atópase presente nas coleccións de numerosas institucións culturais como o Museo de Belas Artes, a Real Academia Galega e claro está, a propia Fundación Luis Seoane, entre outras moitas. Sen embargo, unha parte importante do traballo do creador galego permanece en manos de particulares e, polo xeral, fóra dos circuitos expostivos. Con Luis Seoane nas coleccións privadas I comeza un proxecto de investigación e documentación sobre a obra de Seoane en coleccións privadas e un ciclo de exposicións a través dos que se intentará poñer de manifesto a especial relación que une a artista e coleccionista, difundindo ao mesmo tempo un conxunto de pezas de gran valor ás que o espectador non adoita ter acceso. A escolla realizada para esta exposición está formada por máis de cen obras cedidas para a ocasión por vintedous coleccionistas, e inclue unha gran variedade de formatos: óleos, libros, álbumes de gravados, augadas, carteis, discos e incluso alguna curiosidade, como as sete xilografías que Seoane realizou no ano 69 para un almanaque do Centro Editor de América Latina, ou un menú para unha cea en homenaxe ao coleccionista arxentino Simón Scheinberg, amigo de Luis Seoane.

Exposicións actuais

Lois Patiño. Marea
/
Exposición
Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición