Tras tres anos ausente por mor dos traballos de acondicionamento levados a cabo na súa Fundación, a obra de Luis Seoane protagoniza unha exposición que saca á luz destacadas pezas pertencentes ao legado da institución. Luis Seoane. Identidade, memoria histórica e movementos sociais sitúa estas obras dentro de tres grandes bloques temáticos que poñen de manifiesto diferentes aspectos do pensamento do artista galego, no que conviviron os postulados das vangardas europeas, a reivindicación da historia, tradicións e identidade galegas, a arte e a cultura americanos, o compromiso político e a incorporación de Galicia aos principios da modernidade.
Comisariada por Silvia Longueira e María Antonia Pérez, a exposición distribúe una serie de óleos, gravados, debuxos, produción editorial e outros soportes en dúas salas segundo os tres apartados aos que fai referencia o título: Identidade, Memoria Histórica e Movementos Sociais.
Para descargar a nota de prensa premer aquí