Homenaje a la Torre de Hércules de Luis Seoane foi seleccionado en 1945 por dúas importantes institucións, a Pierpont Morgan Library e o American Institute of Graphic Arts, como un dos mellores libros ilustrados da década 1935-1945 xunto coa Historia Natural de Buffon ilustrada por Pablo Picasso. A presente exposición celebra o sesenta aniversario da publicación desta obra sacando á luz os debuxos orixinais de Seoane, acompañados dun exemplar da Historia Natural de Buffon cedido para a ocasión polo Museo Pablo Picasso de Málaga. Na mostra tamén figuran quince exemplares dos libros que, xunto co de Seoane, foron incluidos na selección do ano 1945, así como unha sección documental que reflicte o contexto histórico daquela década e, por último, unha videocreación realizada polos artistas Juan Lesta e Belén Montero.
Artistas: Luis Seoane