Luis Seoane. Cada cabeza unha cor

/

A Fundación Luis Seoane creouse no ano 1996 co propósito de difundir a obra e o pensamento de Luis Seoane (Bos Aires 1910-A Coruña 1979), ademais de promover diferentes manifestacións artísticas contemporáneas a través de exposicións, ciclos de conferencias, publicacións, etc. Con Luis Seoane. Unha cabeza unha cor comeza un ciclo de exposicións co que se pretenden amosar periódicamente os fondos da colección institucional ao tempo que se elaboran diferentes lecturas sobre a obra do artista galego, poñendo a disposición do público a riqueza dun legado que abrangue máis de cincuenta anos de actividade artística. Cada exposición do ciclo estará centrada nun aspecto determinado do traballo de Luis Seoane, neste caso, o tema da mostra é a cor, explicada a través dunha trintena de obras entre as que se inclúen óleos, gravados, tapices e produción editorial.

Exposicións actuais

Xesús! 70 anos de Campos
/
Exposición