Luis Seoane. Arquitectura do desexo

/

A representación da muller na obra de Luis Seoane constitúe un dos temas máis recoñecibles no seu traballo: desde as numerosas campesiñas que reflicten a cotidianeidade dos oficios e costumes tradicionais ao simbolismo da Mater Galleciae, Seoane utiliza a figura feminina como campo de experimentación artística e personificación dun pobo e unha cultura. Luis Seoane. Arquitectura do desexo bota unha visión inédita sobre a obra do artista galego a través dunha estudada selección de óleos, debuxos e gravados nos que se aborda o nu feminino como obxecto de desexo, desde os anos corenta ata finais da década dos setenta. O percorrido expositivo ábrese coas imaxes figurativas dos seus comezos, pasando pola abstracción dos anos 50 e 60 ata o retorno final a unha figuración máis esquemática, amosando a habilidade e evolución técnicas de Seoane, así como a beleza e subtileza dunhas imaxes que desempeñan un papel chave dentro da súa produción artística.

Exposicións actuais

Canción de Pedro Costa
/
Exposición
FFoco Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición