Coincidindo co aniversario do nacemento de Luis Seoane e a celebración do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á figura do seu amigo e colaborador Lorenzo Varela, a Fundación Luis Seoane programa unha exposición sobre a relación entre ambos creadores, forxada a partir da chegada de Varela a Bos Aires. A mostra estrutúrase en tres seccións diferentes. A primeira, dedicada ao labor de Lorenzo Varela no período comprendido entre 1940, presenta exemplares das publicacións Hora de España, Mono Azul, Romance e varios retratos realizados por Luis Seoane de figuras como Rafael Dieste, Ánxel Fole, Fernández Mazas, etc. Na segunda sección ábrese o espazo dedicado á obra de Luis Seoane correspondente á mesma etapa, na que se mesturan os retratos de personaxes da época con publicacións como Yunque ou Resol. Por último, nun terceiro espazo, o espectador poderá contemplar a obra plástica que Seoane realizou para e sobre Lorenzo Varela, que inclue óleos, gravados e debuxos; así como a produción literaria na que traballaron xuntos, na que figuran exemplares das revistas De mar a mar, Correo Literario, Cabalgata e libros como Torres de Amor.
Artistas: Luis Seoane