Lenzos e partituras

/

Lenzos e partituras é unha serie web documental que explora as confluencias entre a música e artes visuais do século XXI. Promovido polas asociacións culturais AÏS e Alexandre Bóveda, o proxecto nace durante o nadal de 2020 co obxectivo de proporcionar un espazo a diferentes creadores da cidade da Coruña para establecer conexións entre distintas disciplinas artísticas e favorecer deste xeito a difusión dos seus procesos de traballo, limitados nese momento pola pandemia.

Dirixida polo compositor Hugo Gómez-Chao, con guión e voz da actriz Chus Álvarez, a serie amosa o diálogo que estableceron creadores e músicos ao longo de once capítulos, dez sobre artistas plásticos e un especial acerca da exposición colectiva Un mundo que sofre baixo un manto de flores na que se recolleron os traballos froito das diferentes colaboracións. Agora, o proxecto transfórmase nunha vídeo exposición na Fundación Luis Seoane que recolle a totalidade da serie nunha montaxe audiovisual que busca difundir unha iniciativa na que participaron preto de medio centenar de creadores.

Artistas: Soledad Penalta, Noè Rodrigo Gisbert, Xurxo Gómez-Chao, Florian Vlashi, Rediana Lukaçi, Jesús Núñez, Pedro Galilea, Berthold Hamburger, Julia Ares, Rafael Fernández Rodríguez, Luisa Valdés, Sergio Delgado, Gosia Trebacz, Wilson Ortega Rueda, Emile Gireu, Teo Soriano, Yolanda Dorda, Despina Ionescu, Tomás Ionescu, Iria do Castelo, Pablo Coello, Ruslana Prokopenko, Wladimir Rosinskij e Exposición colectiva “Un mundo que sofre baixo un manto de flores”

Exposicións actuais

Redes do país
/
Exposición
Xesús! 70 anos de Campos
/
Exposición