Laboratorio Reinicio

/

No mes de maio de 2020, a Fundación Luis Seoane poñía en marcha o proxecto Laboratorio Reinicio, unha actividade que se centraba na reconstrución da identidade utilizando como ferramentas o arquivo comunitario construído a partir de arquivos persoais, o coñecemento histórico e a xestión emocional da memoria.

Inspirado polas iniciativas levadas a cabo por Luis Seoane no exilio para difundir a cultura galega, Laboratorio Reinicio concibiuse como un proceso aberto vinculado especialmente aos colectivos migrantes e á práctica das políticas de xénero. Ao longo dun ano, a actividade desenvolveuse en dúas etapas diferentes: unha primeira en formato online que constaba de tres sesións semanais dunha duración de 90 minutos cada unha, nas que os participantes traballaban guiados por un convidado acerca de conceptos como arquivo, memoria, exilio, identidade e relato histórico.

A segunda etapa estruturouse a través dunha sesión semanal online e dun encontro presencial na Fundación Luis Seoane no que se trasladaron os proxectos elaborados polos participantes a diferentes soportes: fotografía, vídeo, collage, ilustración, etc. En total, más de 30 persoas formaron parte desta actividade que naceu co obxectivo de facilitar a integración de quen provén de culturas diferentes e de recoller as súas aportacións.

A presente exposición reúne sete propostas de varios dos creadores que interviñeron no Laboratorio Reinicio. Dúas vídeo cartas realizadas por Tono Mejuto e Antón Lezcano, que se integrarían posteriormente no proxecto Las mujeres cambian los museos de la Universidad Complutense de Madrid; o Manual de instruccións para nadar, de Yvonet Jiménez, que nos explica o proceso de perfeccionamiento da práctica da natación para adultos a través dun conxunto de fotografías e un texto; unha tipografía baseada nas lembranzas da nenez de Antón Lezcano; a Baralla do mundo de Laura Alonso, elaborada con vocabulario elixido polos participantes; o percorrido cotián de Yosi Ledesma en Si pudiera pintar el mejor de mis recuerdos; e, por último, dous proxectos de Diana Rangel e Jorge Blasco que fan referencia ao propio Laboratorio Reinicio completan esta mostra que poderá visitarse na Fundación Luis Seoane ata o vindeiro 15 de febreiro.

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición
A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición