Jean Dubuffet o el idioma de los muros, realizada en colaboración coa Fondation Dubuffet de París e o Círculo de Bellas Artes de Madrid, é un proxecto centrado no álbum Les Murs de Jean Dubuffet, que reune quince litografías realizadas polo artista francés para acompañar un conxunto de poemas do escritor Eugène Guillevic. A exposición, dominada polo diálogo entre a superficie pictórica e a materia, descobre a parte da obra de Dubuffet máis descoñecida polo público, a dedicada aos muros, polos que o artista sentía unha grande atracción. A mostra contará tamén con outros traballos destacados do creador francés, como as litografías pertencentes á serie Les Phénomènes (1957-1962), e a proxección de dous documentais sobre a súa obra e personalidade: Jean Dubuffet, dirixido enpor J. Ruttmann, no que colaborou directamente o artista, e Autorretrato de Jean Dubuffet, realizado en 1962 por Gérard Patris e Lucien Favory coa colaboración de Pierre Schaeffer e Michel Chapuis. Ademáis, a Fundación Luis Seoane emitirá no seu espazo Mirador Sonoro unha selección dos experimentos musicais del artista. A exposición estará nas salas da Fundación ata o vindeiro mes de marzo.
Artistas: Jean Dubuffet