La intuición del hielo Las Montañas Encantadas de Michelangelo Antonioni

/
Comisarios José Manuel Mouriño

As Montañas Encantadas (Le Montagne Incantate) de Michelangelo Antonioni é unha serie de obras pictóricas e ampliacións fotográficas realizadas polo director italiano a finais dos anos setenta, tras unha longa carreira de éxitos cinematógráficos. A Fundación Luis Seoane, grazas á xenerosidade das Gallerie d’Arte Moderna e Contemporanea de Ferrara, presenta nesta exposición unha escolla de 52 obras sobre un conxunto orixinal de 160, unha ocasión única para adentrarse nun aspecto pouco coñecido de quen é considerado, xunto a Jean-Luc Godard, representante destacado dunha forma de entender o cine, consistente en levar ao límite determinados postulados estéticos mesturando a forza poética das imaxes cos diálogos. Non en balde, Roland Barthes dicía de Antonioni que posuía unha sensibilidade especial, capaz de expresar o espíritu da súa época, da modernidade.

A presentación de as Montañas Encantadas na Fundación Luis Seoane supón unha oportunidade única tanto para os amantes da obra do cineasta de Ferrara como para aqueles que queiran introducirse por vez primeira no universo fílmico dun dos últimos representantes da vangarda cinematográfica europea. O carácter único destas imaxes provén non só da estreita fronteira existente entre a obra cinematográfica de Antonioni e o mundo da arte, senon tamén da súa singular factura. O método empregado polo director consistía en fotografar un orixinal ou orixinais unidos nun collage e ampliar o resultado. Nun punto determinado, de xeito consciente, o cineasta detía a ampliación, nun instante no que as formas pintadas semellaban adoptar a forma de montañas, pero non de forma totalmente recoñecible. O que realmente lle interesaba a Antonioni era a liña temporal entre figuración e abstracción, ese punto no que a imaxe perde a súa identidade como forma ou cor, e sen embargo, semella ter o aspecto dunha montaña, un xogo de percepción do fai partícipe ao espectador.

Artistas: Michelangelo Antonioni

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición