A celebración da segunda edición do Premio de Fotografía Purificación García confirma este certame coma unha das citas imprescindibles da fotografía contemporánea en España, cunha participación de máis de quinientos candidatos que presentaron as súas obras a un xurado formado por destacadas personalidades do panorama artístico actual como Rafael Doctor, director do MUSAC; Pedro Lapa, director do Museu do Chiado de Lisboa; Rosa Olivares, comisaria de exposicións e directora da revista especializada EXIT ou o Premio Nacional de Fotografía Chema Madoz. A exposición que acolle a Fundación Luis Seoane amosará durante os meses de xuño e xullo os traballos dos trinta e un artistas seleccionados, entre os que se atopan as obras dos tres creadores premiados, o madrileño José Luis Santalla (1er Premio), o bilbaíno Miguel Ángel Gaüeca (2º Premio) e o fotógrafo francés residente en Madrid Pierre Gonnord (3er Premio).
Artistas: Almalé/Bondía, Juan Delgado, Bernardette Farriol, Amparo Garrido, David Garrido, Miguel Ángel Gaüeca, Pierre Gonnord, Dionisio González, Isabel Ivars, Adrià Julià, Antonio Macarro, Daniel Malhao, Andrés Monteagudo, Linarejos Moreno, Iñigo Navarro, Diego Opazo, Lourdes Peñaranda, Concha Pérez, Aleix Pladamunt, Yuri Pol, P S J M, María Regueiro, Salvador Rivera, José Luis Santalla, Marta Soul, Miguel Ángel Tornero, Belén Uriel, Paco Valverde, Manuel Vázquez, Lluís Vives e Tomás Zarza