A obra máis recente do escultor Ignacio Caballo (Guardo, Palencia, 1965) protagoniza esta exposición, un proxecto no que o artista presenta cincuenta pezas realizadas durante o último ano. En este lugar amosa a obra escultórica e os debuxos do artista, traballos que reflexionan sobre a creación entendida coma algo íntimo que ten lugar na soidade do taller ou estudo, resultado da comunicación entre o creador e os materiais, principalmente cobre e tinta, que constitúen para Ignacio Caballo o soporte físico do concepto que desexa representar, unha reflexión acerca da forma que debe tomar un personaxe que se atopa só no espazo. A exposición poderá visitarse ata comezos do mes de decembro.
Artistas: Ignacio Caballo