How Soon is Now?

/
Comisarios Pablo Fanego

How Soon is Now? reúne un grupo de artistas internacionais nun proxecto que parte da constatación do declive do idealismo nas novas xeneracións, e do ensaio por parte dos creadores contemporáneos dunha especie de “terceira vía” que reconcilie arte e vida. Debido ás transformacións políticas e sociais de finais do século pasado e, a consecuencia de éstas, á irrelevancia das dicotomías que estaban na base da evolución do proxecto moderno -privado vs público, alta cultura vs baixa cultura, forma vs contenido-xurdiu unha especie de “intransición” na que os artistas tiveron que reflexionar acerca do sentido do seu traballo e a función pública e política da arte. O propósito desta mostra é reunir un conxunto de obras que posúen a capacidade de escenificar novas posibilidades e reformular a validez da arte para crear zonas de autonomía provisional. O conxunto das propostas incluídas en How Soon Is Now? están orientadas no só a reflexionar sobre os antagonismos e friccións das sociedades contemporáneas, senón tamén a tratar de imaxinar modelos de futuro.

Artistas: Ryan Gander, Mario García Torres, Alexander Gutke, Lisa Oppenheim, Jenny Perlin e Mathias Poledna

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición
A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición