Homenaxe a cidades e outros lugares de Luis Seoane

/

A primeira exposición que a Fundación Luis Seoane realiza cos fondos da súa colección este ano céntrase nun aspecto pouco coñecido do traballo de Luis Seoane, pero que sen embargo foi unha constante ao longo de toda a súa obra: a influencia das paisaxes naturais e urbanas no desenvolvemento da súa creatividade, plasmadas en óleos, gravados, debuxos, carteis…

Homenaxe a cidades e outros lugares de Luis Seoane ofrece ao espectador unha selección de preto de 50 obras que son reflexo, ás veces fidedigno e outras evocador, dalgúns dos lugares que coñeceu o artista: Galicia, Bos Aires, Venecia, Xenebra, Londres, París, Montevideo, Bonn… Seoane utiliza as impresións das súas viaxes como material para a súa obra, para envorcalas en bosquexos, augadas, gravados, óleos, etc., un proceso cuxo resultado recóllese nesta mostra, xunto con fotografías e diapositivas persoais, moitas delas realizadas polo propio artista, e documentación xamáis antes exposta.

En paralelo á exposición, editaráse un catálogo que recollerá a memoria gráfica da mostra, xunto cunha serie de ensaios a cargo de Juan Manuel Bonet, Alberto Ruiz de Samaniego, Xosé Díaz y Ramón Villares.

Artistas: Luis Seoane

Exposicións actuais