Hedoné

/

A décima edición do FKM Festival Internacional de Cinema Fantástico da Coruña, que este ano xira ao redor da temática Sexo, provocación e censura, trae á Fundación Luis Seoane a obra da artista e ilustradora coruñesa afincada en Madrid Gairah Love. Graduada pola ESAD Pablo Picasso da Coruña e a Escuela de Profesiones Artísticas Sur de Madrid como Técnico Superior de Ilustración, a súa obra inclúe cómics como Puericia, numerosos packs de deseños en formato adhesivo, posters, táboas de surf, skate e distintos soportes escultóricos. Love participou en diferentes exposicións colectivas na Coruña e realizou varias individuais en Madrid (Synesthezia Tatoo e Eleva 4K) relacionadas co mundo da tatuaxe. O seu traballo aparece referenciado no primeiro volume da Guía de Ilustración editado polo Concello da Coruña.

Cunha forte presencia en redes sociais, Gairah ten miles de seguidores do seu traballo e numerosos encargos para todo tipo de clientes internacionais. A súa obra caracterízase por unha sexualidade moi marcada e unha temática centrada no sadomasoquismo, o bondage e a depravación, moi influída pola estética xaponesa de autores do eroguro como Toshio Saeki,  Suehiro Maruo, Shintaro Kago, Junji Ito ou o mestre clásico Hokusai. En definitiva, un erotismo perverso enriquecido por unha imaxinería de carácter surrealista resolta cun virtuosismo técnico sobresaínte, que fai desta nova artista unha das promesas de la ilustración gallega con maior proxección internacional.

A inauguración da exposición terá lugar o domingo 30 de setembro ás 13:00h cunha performance da artista.

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición