Günther Förg. Verfolgen Malerei

/
Comisarios David Barro

O pintor e fotógrafo alemán Günther Förg (Füssen [Alemania], 1952-Freiburg [Alemania], 2013) foi un dos artistas máis importantes da súa xeración, e sen dúbida un dos nomes chave da arte europea contemporánea ata o seu recente falecemento no 2013. O título da exposición, Verfolgen Malerei (perseguir, continuar a pintura) fai referencia ao carácter híbrido da producción do artista, na que a abstracción meticulosa e ordenada das súas pinturas desenvólvese en paralelo ao uso que fai da fotografía como campo de reflexión artística, así como ao tipo de obras presentes na mostra, na que fotografías de gran formato comparten espazo con lenzos, chumbos, debuxos e libros de artista, un conxunto de máis de cincuenta pezas cedidas para a ocasión por coleccionistas privados e institucións públicas que amosa unha visión completa do traballo de Förg desde finais dos anos 80 ata a actualidade.

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición