Furia al desnudo. Los lápices de David Rubín

/
Sala de exposición de la planta baja

Furia al desnudo. Los lápices de David Rubín é un proxecto expositivo que reúne 50 orixinais a lápis realizados por un dos autores galegos de banda deseñada máis importantes do panorama nacional: David Rubín. Estes orixinais pertencen a dúas das súas obras máis recentes: Beowulf -editada por Astiberri no ano 2013- e El momento de Aurora West -publicada pola editorial DeBolsillo en 2014-, e grazas a eles pódese apreciar ao detalle a arquitectura que habita baixo a creación dunha obra de banda deseñada, a arte a lápis, que é a que sustenta todo o traballo e que raras veces chega ao lector a través da edición rematada do álbum. Esta exposición forma parte do Festival de Cinema Fantástico da Coruña FKM, que terá lugar entre o 26 de outubro e o 1 de novembro, e que este ano celebra a súa sétima edición.

Os debuxos incluidos na mostra documentan a maneira de traballar do autor, a súa caligrafía gráfica e a súa personalidade. Son obras sen adulterar, sen tintas engadidas, sen cores fortes que reclamen a atención do visitante. Nelas pódense apreciar os acertos e os erros do autor, deterse nas anotacións dos debuxos, que lle servirán como guía para, en procesos posteriores, observar as decisións que foi tomando durante a execución destas dúas obras que, sendo moi diferentes entre sí, reflicten a súa personalidade a través dos retoques, das rectificacións e mesmo da eliminación de páxinas que xurdiron a posteriori, ata chegar ás súas versións definitivas.

Xunto á exposición dos orixinais, os visitantes poderán disfrutar dunha selección de figuras, a maioría delas de superheroes, procedentes da colección persoal de Rubín, que conforman un mapa en tres dimensións das súas influencias e de toda a cultura pop que foi asimilando ao longo da súa traxectoria.

Exposicións actuais

Lois Patiño. Marea
/
Exposición
Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición