FFoco Festival de Fotografía da Coruña

/

Por terceiro ano consecutivo, FFoco regresa á Fundación Luis Seoane consolidado xa como unha cita ineludible para o sector e un punto de encontro para profesionais, amadores e público xeral no que abordar o estado actual da fotografía documental galega. O Festival, o único destas características que se celebra en Galicia, permite a unha escolma de autores contemporáneos amosar os seus traballos a novos públicos.

Así, proxeccións, exposicións, presentacións e unha feira de divulgación de fotolibros centran cada ano o programa de FFoco. Nesta quinta edición, a Fundación Luis Seoane acollerá cinco propostas expositivas do festival: entre elas, a protagonizada por Lua Ribeira, pontesa que fixo historia ao ingresar na mítica Axencia Magnum, na súa primeira mostra individual en Galicia. No apartado das proxeccións, daranse a coñecer os traballos finalistas ao primeiro Premio Editorial de Fotografía Documental Galega.

Toda a información sobre a quinta edición de FFoco está dispoñible a través da páxina web do Festival: ffocofestival.com

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición