FFoco – Festival de Fotografía da Coruña

/

Os días 15 e 16 de novembro, a Fundación Luis Seoane acolleu a celebración da terceira edición do FFoco Festival de Fotografía da Coruña, cita imprescindible e punto de encontro para profesionais e afeccionados á fotografía documental galega. O evento estruturouse ao redor dunha serie de actividades que incluíron proxeccións, presentacións, obradoiros, unha feira editorial especializada en fotolibros galegos e latinoamericanos e un conxunto de exposicións, que, neste último caso, expandiranse máis aló das datas oficiais do certame. Ata o vindeiro 15 de decembro, o público poderá coñecer nas salas do primeiro andar da Fundación as propostas de diferentes autores a través de catro mostras que presentan os traballos máis recentes de Tono Arias, David Barreiro, o Colectivo Juan Nadie e unha exposición colectiva que reúne a obra de quince creadoras pertencente á colección Alterarte da Universidade de Vigo.

+ info: ffocofestival.com

Exposicións actuais