FFoco – Festival de Fotografía da Coruña

/

Escaparate de referencia da fotografía contemporánea en Galicia, o festival FFoco regresa á Fundación Luis Seoane por segundo ano consecutivo para achegar ao público os proxectos de diferentes creadores. Nesta cuarta edición, o certame incluirá seis exposicións: O piano pola xanela, de Xosé Castro ‘Pepucho’ e Óscar Paris; Bloop de María Moldes, Karakaskuartaykinta. Andata e Ritorno de Paolo Gasparini, Radical / Papel de Xosé Lois Gutiérrez Faílde, Rosendo Cid, Iván Nespereira e Misha Bies Golas; O novo normal: A Coruña de Javier Quiroga e Montealto de Jesús Caballero Varela. Ademais, FFoco diversificará unha vez máis a súa programación a través de proxeccións, presentacións, conversas e unha feira editorial especializada en fotolibros.

Nestes días estranos, moitas das propostas orbitarán en torno á pandemia, sen deixar que esta agoche os que sempre foron obxectivos fundamentais de FFoco: promover a cultura galega a través da fotografía e buscar a diversidade de miradas sobre os nosos lugares, os nosos costumes e as nosas xentes, contribuíndo deste xeito á elaboración dun discurso visual novo sobre Galicia.

Toda a información sobre a cuarta edición de FFoco está dispoñible a través da páxina web do festival: ffocofestival.com

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición