Eugenio Granell. O regreso dos amantes

/
Comisarios Eduardo López Valiña

A Fundación Luis Seoane, en colaboración coa Fundación Eugenio Granell, achégase á obra plástica de Eugenio Granell a través dun percorrido pola vida e a obra dun dos artistas galegos máis importantes do século XX, nun proxecto que celebra o vinte aniversario da creación da institución que leva o seu nome, e que pon de manifesto o estreito vínculo que o creador tivo coa cidade da Coruña, onde naceu en 1912, na que aínda reside parte da súa familia, e na que tivo lugar a súa primeira grande exposición ao seu regreso do exilio americano, en 1986.

A realización desta mostra supón un regreso ao punto de partida. Eugenio Granell mantén vivas no recordo vivencias e anécdotas que dan lugar a obras tan significativas como Los amantes de la Playa de Riazor en 1980, da que o artista fala no seu libro Historias de un Cuadro, publicada no ano 2007, ou El islote del Castillo de San Antón, un gravado de 1993 no que fai alusión a un dos monumentos máis importantes da cidade, e que serve como pretexto para destapar as inxustizas sufridas por Granell durante o servizo militar e os horrores da contenda do 36. Pinturas, collages, debuxos, fotografías, obra cinematográfica, construcións, libros e unha coidada selección de obxectos e documentos de arquivo pertencentes ás coleccións do Museo Fundación Eugenio Granell, completan unha viaxe ao redor das diferentes etapas creativas do artista e da súa relación coa súa cidade natal.

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición