Roberto González Fernández. Dos mundos

/

Dos mundos é un proxecto de imaxes e textos que documenta a relación que se estableceu ao longo do ano 2006 a través da rede entre o artista Roberto González Fernández (Monforte de Lemos, 1948) e un novo pintor mexicano, Jarlo Amós Amao. Unidos temporalmente polo seu interese pola arte e a pintura en xeral, ambos intercambiarán información acerca da súa realidade cotiá a través de instantes fotográficos e textos grazas aos que o espectador se internará neses dous mundos que dan título á mostra a través dun proceso creativo que dará lugar a unha serie de reflexións ao redor dos obxectos, persoas, paisaxes ou situacións cos que ambos conviven, interpretándoos de maneira subxectiva e empregando esa subxectividade como un recurso estilístico. Aínda que a obra de Roberto González Fernández é fundamentalmente pictórica, nos últimos anos este artista desenvolveu numerosos proxectos empregando as novas tecnoloxías como medio de expresión. Ao igual que na anterior edición de Espazo Non Dispoñible, esta exposición dará lugar á publicación dun estudo sobre o artista, nesta ocasión a cargo de Héctor Sanz Castaño (Madrid, 1981), especialista na obra de RGF.

Artistas: Roberto González Fernández

Exposicións actuais

Xesús! 70 anos de Campos
/
Exposición