Dario Basso. Algoritmi Dixit

/

Darío Basso (Caracas, Venezuela, 1966) intervén na terceira edición do espazo Non Dispoñible cunha peza que pretende poñer de manifesto os puntos en común entre as artes, as ciencias e as culturas de Oriente e Occidente. Algoritmi dixit: é unha instalación composta por 23 jaimas cairotas estampadas con patróns xeométricos que utilizan teselacións matemáticas e serven no seu lugar de orixe para protexer e ornamentar edificios. Na proposta de Darío Basso para o patio da Fundación Luis Seoane, o artista fai convivir as teas coa arte abstracta, conseguindo deste xeito a unificación de ambas culturas. A evolución pictórica de Darío Basso está marcada polas súas longas estadías en diferentes lugares coma París, Marrocos, Nova York, Coruxo… Estas incursións en culturas tan afastadas entre sí son a orixe da expresión da súa mirada poética e persoal cara á realidade humana e do compromiso social que percorre toda a súa obra. Do mesmo xeito que en edicións anteriores do espazo Non Dispoñible, editaráse unha monografía sobre a obra do artista realizada por un especialista, neste caso o crítico de arte David Barro.

Artistas: Darío Basso

Exposicións actuais

Lois Patiño. Marea
/
Exposición
Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición