Escóitasme? Unha exposición do Laboratorio Seoane é unha mostra que reune as experiencias levadas a cabo dentro do programa didáctico Laboratorio Escóitasme? da Fundación Luis Seoane, un proxecto online dirixido ao público infantil e ás súas familias que tivo lugar durante o período de confinamento, no que máis de vinte creadores propuxeron ao longo de de 10 semanas un reto relacionado co seu traballo e co universo creativo de Luis Seoane aos participantes.
Ademais dunha selección de reproducións da obra do artista galego como fío condutor, a mostra recolle cada un deses retos e os traballos que se elaboraron a partir destes, xunto cun xornal coas noticias que apareceron nos medios de comunicación durante o tempo de confinamento, e un skyline cos ‘palabros’ -termos ideados polos participantes durante a corentena- que conectan as diferentes seccións da exposición.
Pola súa parte, a Fundación María José Jove quixo colaborar con esta iniciativa incluíndo na súa nova programación de visitas didácticas un percorrido especial sobre a obra de Luis Seoane, que permitirá coñecer tres obras orixinais do artista: Bodegón- 1969; Mulleres- 1959 e Pulpo y jarra- 1961 cun guión que falará acerca das linguaxes da arte, as vangardas pictóricas internacionais, españolas e galegas e, finalmente, contextualizará as pezas de Seoane dentro dese mapa. A visita está formulada para comezala nunha das fundacións e continuala na outra coas obras de Luis Seoane que a Fundación María José Jove ten na súa colección como nexo.
Ambas institucións editarán, ademáis, unha guía didáctica sobre as pezas de Luis Seoane que se reproducirán na presente exposición. Trátase dunha colaboración didáctica que permitirá aos visitantes participar nunha experiencia educativa dialóxica entre a Fundación Luis Seoane e a Fundación María José Jove.
Alerta en el Orzán
Alerta en el Orzán de José Luis Ducid é un proxecto que naceu como unha serie de textos que o autor enviaba aos seus contactos a diario, nos que o personaxe principal reflexionaba sobre as súas circunstancias durante o período de confinamento. Pouco despois, sumaríanse ao proxecto as ilustracións de Álvaro Dorda, os collages de Inés Taboada Vizcaíno, as viñetas de David Carballal, os audiovisuais de Pablo Rega e mesmo fotografias tomadas pola madre do escritor. A exposición incluirá tamén material orixinal desta obra, que se transformará proximamente nunha publicación grazas a unha campaña de crowfunding. Ademais, José Luis Ducid foi un dos artistas que participaron la realización da didáctica de Laboratorio Escóitasme?
Actividades paralelas
A exposición ofrece unha actividade didáctica baseada nas propostas do formato orixinal de Laboratorio Escóitasme? durante o período de confinamento. Partindo das reproducións da obra de Luis Seoane cedidas pola Fundación María José Jove para a exposición, propoñeranse novos retos aos participantes, dentro do programa de visitas guiadas que elaboran ambas institucións.
A exposición poderá visitarse nas salas da Fundación Luis Seoane ata o vindeiro 21 de marzo de 2021.