Entre la palabra y la imagen

/
Comisarios Fátima Lambert, Cecilia Pereira, Paulo Reis

Entre la palabra y la imagen, producida pola Fundación Luis Seoane, analiza as experiencias de artistas españois, portugueses e brasileiros en torno á relación entre a imaxe e as palabras, desde os anos setenta ata hoxe en día, a través dun conxunto de obras que teñen coma expresión a poesía, o diario íntimo, a lingüística e a crítica social realizadas por preto de corenta creadores de diferentes xeracións. O proxecto, comisariado pola crítica de arte, comisaria de exposicións e docente Fátima Lambert (Oporto, 1960), a xestora cultural Cecilia Pereira (Ourense, 1964), e o comisario de exposicións Paulo Reis (Rio de Janeiro, 1960), responsables das representacións portuguesa, española e brasileira respectivamente, abrangue desde os movementos da arte constructiva, pasando pola nova obxectividade, ata o retorno do automatismo na época actual. A exposición, que estará nas salas da Fundación Luis Seoane ao redor de dous meses, viaxará posteriormente a Portugal e a Brasil.

Artistas: Antoni Abad, Helena Almeida, Rosa Almeida, Arnaldo Antunes, José María Báez, Jorge Barbi, Lenora de Barros, Artur Barrio, Joan Brossa, Cabelo, Waltercio Caldas, Lourdes Castro, Pedro Casqueiro, Sandra Cinto, Antonio Dias, Almudena Fernández Fariña, Álvaro Lapa, Leonilson, Eva Lootz, Rogelio López Cuenca, Joao Louro, Anna Maria Maiolino, Susana Mendes Silva, Antoni Muntadas, António Olaio, Perejaume, Nuno Ramalho, Lygia Pape, Joao Penalva, Jaume Plensa, Rosana Ricalde, Elena del Rivero, Juliao Sarmiento, Mira Schendel, José Spaniol, Antoni Tàpies e Pedro Valdez Cardoso

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición