El jardín de Juanita

/

No ano 2016, a pedagoga brasileira experta en creatividade Angélica Sátiro pon en marcha o proxecto El jardín de Juanita, unha iniciativa desenvolvida desde o Movemento de Filosofía Lúdica e o Proxecto Noria que ten como obxectivo a formación de persoas éticamente responsables coa súa contorna, cuestionando desde un punto de vista crítico a situación medioambiental do planeta coa fin de levar a cabo accións que aporten solucións a esta problemática.

Enfocado a organizacións relacionadas coa infancia, desde centros escolares e formativos a asociacións, museos, fundacións, empresas, bibliotecas, cooperativas, espazos públicos, etc., o proxecto El Jardín de Juanita está dirixido a nenos e nenas de todas as idades, que son os que idean, constrúen e utilizan o xardín, dentro dunha proposta que busca xerar espazos sociais para darlle voz ás infancias, espertando a súa conciencia ecolóxica desde a experiencia creativa e reflexiva que implica o coidado dun xardín e recoñecer o valor do seu pensamento.

A presente exposición constitúe o relato das distintas experiencias levadas a cabo entre setembro de 2016 e xuño de 2017 dentro do marco do proxecto. Amosouse por vez primeira ao público na Universidade Autónoma de Madrid, dentro do evento internacional 18ª ICPIC (Conferencia Internacional de Filosofía para Nenos e Neas), e desde entón itinerou por México, Colombia, Arxentina, Uruguay, Brasil e diversas cidades españolas. A montaxe da Fundación Luis Seoane inclúe unha peza moi especial: un mapa textil realizado polos nenos e nenas do CEIP Emilia Pardo Bazán que representa o centro escolar e a súa contorna, un proxecto dirixido pola artista Rosario Belda. Tras a inauguración da mostra, que contará coa presenza da propia Angélica Sátiro, así como de Carmen Loureiro, membro da Asociación de Filosofía para Nenos e Nenas de Galicia; de Rosario Belda, autora do mapa; e de Mar Santiago, mestra de Educación Infantil, a Fundación acollerá este martes, a partir das 17:00 horas, unha mesa redonda na que participará tamén a doutora experta en creatividade Katja Tschimmel.

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición