Drácula, un monstruo sin reflejo. Cien años sin Bram Stoker (1847-1912)

/
Comisarios Jesús Egido

Comisariada polo editor Jesús Egido, Drácula. Un monstruo sin reflejo. Cien años sin Bram Stoker (1847-1912) céntrase na figura do escritor irlandés Bram Stoker, do que se conmemora este ano o centenario da súa morte, e no universo da súa máis célebre creación literaria, Drácula, das fontes que a orixinaron, e da súa posterior e aplastante influencia en diferentes eidos culturais, desde os máis eruditos ata as expresións máis coñecidas da cultura popular.

Drácula, un monstruo sin reflejo analiza de xeito exhaustivo o nacemento e percorrido dun mito moderno a través dunha extensísima bibliografía, carteis, cómics, obras de arte, películas, un ciclo de conferencias e un ciclo de música. A mostra parte das orixes da superstición dos vampiros, presente en casi todas as culturas desde a Antigüidade, e da súa influencia na arte, para centrarse posteriormente na figura de Stoker e no proceso de creación de Drácula grazas a unha abundante bibliografía, na que destaca a presenza dunha primeira edición da novela, publicada en Londres en 1897. Ademáis, a exposición amosa a presenza do célebre vampiro no cine e noutros medios por parte de productoras como a Universal ou a Hammer ou en cómics como Vampirella. As edicións españolas do libro, os ensaios sobre o autor e a súa obra, así como documentación diversa como cartas, fotografías, etc., conforman un proxecto expositivo que se amplía cun ciclo de conferencias realizado en colaboración coa UIMP, un ciclo de proxeccións e unha serie de concertos a cargo da Coral Polifónica Follas Novas nos que se interpretarán obras de Ligeti, Messiaen, Debussy ou Prokofiev, entre outros, nun espectáculo inspirado polo relato O convidado de Drácula. Por último, o colectivo Freakmacine fará unha intervención o día da inauguración da mostra, 18 de maio, cunha performance baseada no mito de Drácula.

Exposicións actuais

Órbita galega
Exposición sección Galicia. INTERSECCIÓN
/
Exposición
FFoco. Festival de Fotografía da Coruña
/
Exposición