Damián Ucieda. Intentando golpear ideas

/
Comisarios Antía Cea

Intentado golpear ideas é o título da última exposición de Damián Ucieda (A Coruña, 1980), un proxecto que reúne sete fotografías de gran formato e unha pequena selección de debuxos inspirados no álbum de xilografías homónimo realizado por Luis Seoane no ano 1972, no que o artista galego relacionaba as protestas que él mesmo vivira na súa época de estudante en Santiago de Compostela coas se multiplicaban en España e no resto do mundo na década dos setenta.

Ao igual que nas imaxes do álbum de Seoane, as fotografías incluidas na exposición posúen un trasfondo político que se transmite a través da estudada disposición dos personaxes e dos distintos elementos que aparecen nelas, provocando no espectador unha sensación de desacougo. Formado inicialmente como ilustrador, Damián Ucieda emprega o debuxo como elemento de construción das súas fotografías dentro do proceso de posta en escea e teatralización co que elabora as súas imaxes, proporcionándolles unha narrativa complexa que as une desde un punto de vista estrictamente formal con disciplinas como a pintura e o cine. A obra de Damián Ucieda transmite un sentimento de perda, de illamento e alienación, algo que se percibe non só nas fotografías protagonizadas por individuos, senón tamén nas paisaxes, formando un todo que reflicte o pensamento e as experiencias persoais do artista.

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición