La construcción del espectador é un percorrido polas tendencias artísticas dos últimos trinta anos, representadas nesta mostra por dezaséis pezas pertencentes á colección da Fundació “la Caixa” realizadas por once destacados artistas do panorama internacional en soportes como a escultura, a fotografía, a pintura, as instalacións e o vídeoarte. O propósito deste proxecto é ofrecer unha nova visión da relación entre a arte contemporánea e o espectador, convidando a este último a cuestionar a súa posición con respecto ao obxecto artístico. En palabras de Manuel Segade, comisario da exposición, trátase de que “o espectador deixe de preguntarse qué significa o que ve. A arte contemporánea non existe sen a figura do espectador”· A proposta complétase cun catálogo-ensaio que inclue un relato expositivo a cargo do fotógrafo Vari Caramés.
Artistas: Txomin Badiola, Helmut Dorner, Pepe Espaliú, Günther Förg, Andreas Gursky, Juan Muñoz, Bruce Naumann, Hiroshi Sugimoto, Jan Vercruysse, Bill Viola e Rachel Whiteread