con-Versión= Textos + Audio | Ducid & Camarero Creacións audiovisuais do Laboratorio Seoane nos tempos da pandemia

/

A Fundación Luis Seoane a través do epígrafe do Laboratorio Seoane continúa amosando aqueles proxectos que foron ideados e realizados en tempos da pandemia por mor da Covid-19.

A exposición Con-Versión dá testemuña de varios traballos realizados en colaboración artística por José Luis Ducid e Alfonso Camarero, coa participación de diferentes artistas visuais.

O encontro entre o mundo sonoro e o mundo das verbas xerou as pezas que integran esta exposición, nas que cada intervención sonora transforma o texto nunha nova expresión.

Algúns destes obxetos sonoros, á súa vez, foron transformados coa adición de imaxes, que, en formatos non tradicionais, completan esta exposición. A diferencia do disco, o audiolibro ou a adaptación cinematográfica, o resultado non é música, non é poesía, non é ficción, senón unha mistura con un feito diferencial.

Na mostra atoparemos 3 proxectos audiovisuais que son reelaboracións dos libros publicados por José Luis Ducid. Cada audiovisual irá relacionado co seu libro de referencia.

José Luis Ducid – Alfonso Camarero

+ info: Proxectos.pdf

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición