Cómo se imprime un libro. Grafistas e impresores en Buenos Aires 1936-1950. Museo Emilio Caraffa

/
Museo Emilio Caraffa
Comisarios David Carballal, Silvia Longueira

Tras a súa inauguración na Fundación Luis Seoane e o seu paso polo Instituto Cervantes, a exposición Cómo se imprime un libro. Grafistas e impresores en Buenos Aires 1936-1950 viaxa a instancias deste último ao Museo Emilio Caraffa de Córdoba, Arxentina, como parte da programación do Festival de la Palabra, un evento organizado con motivo da celebración do Congreso Internacional de la Lengua Española que este ano se celebra na cidade do país austral.

Partindo do volume Cómo se imprime un libro realizado en 1942 pola Imprenta López de Bos Aires, unha pequena obra mestra do deseño editorial do século XX, o deseñador David Carballal e a directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, comisarios da mostra, estableceron un percorrido expositivo no que se convida ao espectador a introducirse no universo plástico do libro a través da obra de destacados grafistas como Attilio Rossi, Jakob Hermelin e Luis Seoane, así como os fotógrafos Horacio Coppola e Grete Stern, e o impresor Manuel López, e de 80 pezas,a maioría primeiras edicións,

que abranguen máis dunha ducia de editoriais como Espasa-Calpe Argentina, Losada, Emecé, Nova, Sur, Poseidón, Pleamar, La Llanura, Santiago Rueda ou América Lee, e máis de 20 colecciones: Austral, Contemporánea, La Pajarita de Papel, Poetas de España y América, El Navío, Cuadernos de Grandes Ensayistas, Dorna, Buen Aire ou Mar Dulce.

Ademais dos volumes procedentes da Fundación Luis Seoane, a exposición conta nesta ocasión coa colaboración da Biblioteca Nacional Mariano Moreno de Bos Aires e das bibliotecas da Fundación Barrié e da Real Academia Galega, ademais de xenerosos préstamos de coleccións privadas. A exposición estará aberta ao público ata o vindeiro 2 de xuño. (Imaxes: David Carballal)

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición