Cómo se imprime un libro. Grafistas e impresores en Buenos Aires 1936-1950. Instituto Cervantes

/
Instituto Cervantes
Comisarios David Carballal, Silvia Longueira

No ano 1942, a Imprenta López de Bos Aires publica Cómo se imprime un libro, un volume para agasallar aos seus clientes e colaboradores no que se recollen as diferentes etapas do proceso de elaboración de un libro, con un diseño editorial innovador a cargo de Attilio Rossi e fotomontaxes e fotografías de Grete Stern e Horacio Coppola. Partindo desa obra, o deseñador e comisario de exposicións David Carballal e a directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, desenvolveron o proxecto Cómo se imprime un libro. Grafistas e impresores en Buenos Aires 1936-1950, unha proposta que recollía o traballo de seis creadores ligados á Imprenta López: os devanditos Attilio Rossi, Grete Stern e Horacio Coppola, xunto con Luis Seoane, Jakob Hermelin e o impresor Manuel López. Preto de cen volumes pertencentes a destacadas editoriais como Espasa Calpe, Losada ou Emecé, a maioría primeiras edicións; máis de vinte coleccións, incluída a histórica Austral ou algunhas das fundadas por Seoane, como Dorna ou Mar Dulce, protagonizan unha mostra dedicada á idade de ouro da edición na Arxentina, que arrincou no mes de novembro de 2017 na Fundación Luis Seoane, e que, tras a súa clausura, abre de novo as súas portas na sede da rúa Alcalá do Instituto Cervantes de Madrid, grazas á colaboración entre ambas institucións, onde estará aberta ao público ata o 4 de xaneiro de 2019.

O concepto expositivo incide nos aspectos máis relevantes do universo plástico do libro, con especial atención aos distintos elementos que o compoñen: o formato, a diagramación, os tipos de letra, as ilustracións, o deseño das cubertas e dos emblemas editoriais, a impresión e a encadernación, etc., aspectos que se trasladan ao catálogo da mostra, que reúne textos dos comisarios da exposición e de Horacio Fernández y Pablo Rossi, acompañados por preto de 300 imaxes, constituíndo unha auténtica memoria gráfica deste proxecto producido pola Fundación Luis Seoane.

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición