CoDeCo. codificado_decodificado_codificado

/

As pezas que compoñen a exposición CODECO. Codificado_decodificado_codificado de DSK xogan co concepto de analoxización, no que a información codificada de maneira dixital creada a partir de elementos analóxicos da vida real é recodificada e logo devolta ao medio físico conservando as características da súa existencia dixital previa. O traballo dos artistas Belén Montero e Juan Lesta (DSK) céntrase nesta liña creativa que se achega a diferentes campos relacionados coas artes visuais: cine, imaxe fixa, escultura, pintura, publicidade, etc. Na montaxe que presentan agora na Fundación Luis Seoane, integrada no Proxecto Edición, amosaránse por vez primeira ao público o Tetris Analóxico e a Paleta Gráfica, dúas pezas que buscan a intervención do espectador dentro dunha posta en escena lúdica.

Artistas: Belén Montero e Juan Lesta (DSK)

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición