¡Che! Revolución y mercado

/
Comisarios Trisha Ziff

¡Che! Revolución y mercado é unha exhaustiva análise da célebre fotografía de Ernesto Che Guevara realizada por Alberto Korda e do seu percorrido ata se converter nunha icona mundialmente famosa. A exposición estrutúrase en sete seccións cuxo obxectivo é ofrecer unha visión completa da pegada deixada por esta imaxe na cultura contemporánea a través dos traballos de diferentes artistas, como o brasileiro Vik Muniz, o mexicano Pedro Meyer, o español Joan Fontcuberta, o canadense Larry Towell ou o arxentino Marcos López. Na mostra destacan tamén os magníficos carteis do británico Martin Parr e da norteamericana Annie Leibovitz, cedidos polo Center for the Study of Political Graphics de Los Angeles, así coma unha selección de diferentes obxectos que percorren a evolución da fotografía de Korda, desde a súa identidade coma simple imaxe ata a súa difusión, popularización e uso contemporáneos.

¡Che! Revolución y mercado foi organizada pola comisaria independente Trisha Ziff en colaboración con UCR/California Museum of Photography, a Universidade de California, Riverside e co apoio adicional de 212 Berlín, do Centro da Imaxe, da Anglo Mexican Foundation e de Zone Zero. Os principais prestadores son o Center for the Study of Political Graphics, Los Ángeles; a colección de David Kunzle, Los Ángeles; Darrel Couturier, Couturier Gallery, Los Ángeles; Contact Press Images, Magnum Photos, o Instituto Internacional de Historia Social (IISH), Ámsterdam; Diana Díaz e os herdeiros de Alberto Korda.

Exposicións actuais

A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición