O proceso abstracto na obra de Luis Seoane é o argumento ao redor do que xira a presente exposición a través de 40 obras pertencentes á colección institucional, entre as que se inclúen óleos, debuxos, gravados, augadas, carteis e documentación variada. A mediados dos anos cincuenta, influído pola obra de creadores como Fernand Léger, Joaquín Torres-García ou Pablo Picasso, Seoane abandona temporalmente a figuración en favor dun concepto máis sintético da pintura a través da práctica do muralismo, co que acada gran destreza técnica en proxectos de gran formato, e do perfeccionamento da obra gráfica a través da estampa. Ambas técnicas fan que Seoane se interese, dun xeito máis preciso, polo tratamento e importancia da cor na súa obra, elaborando unha pintura plana, unidimensional, na que os pigmentos definen a paisaxe e serven ao mesmo tempo como elementos constructivos que ordenan a composición do cadro. Case unha abstracción divídese en tres apartados: a Liña, a Deformación e a Cor, nos que se analizan os diferentes aspectos que compoñen esta etapa na obra do artista galego. A mostra conta, ademáis, cun apartado documental que reflexa a presenza da abstracción no traballo editorial de Seoane.
Artistas: Luis Seoane