Carlos Maside – Luis Seoane. Aquel abrazo

/
Salas de exposiciones de la planta baja
Comisarios Carmela Montero

A exposición Carlos Maside – Luis Seoane. Aquel abrazo é un proxecto que se concibe como un diálogo entre os dous primeiros artistas totais da arte galega contemporánea a partir da relación epistolar que ambos estableceron entree 1958, e tamén como un estudo da pegada de Maside na obra de Seoane, para o que Maside é un referente estético, xa que é pioneiro en aplicar desde un punto de vista teórico e formal os postulados da modernidade na súa pintura, rompendo definitivamente co academicismo e clasicismo da xeración anterior. É Seoane quen establece con acerto as cualidades que caracterizan a obra de Maside: o rigor da construción do cadro, o coidado das formas e a intensidade da cor, e posteriormente, o vigor da composición e a forza do debuxo.

A mostra, realizada en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, conta con 27 obras de Carlos Maside, na súa maioría cedidas para a ocasión polo Legado Carlos Maside, e con 9 de Luis Seoane pertencentes á colección da Fundación. Ademais, na exposición inclúense un debuxo e un busto de Seoane realizados por outro gran renovador da arte galega, o escultor Xosé Eiroa, cuxa obra exerceu unha gran influencia en ambos artistas, especialmente en Luis Seoane, e por último, un poema inédito de Seoane dededicado a Manuel Antonio, quen, xunto a Rafael Dieste e o propio Maside formarían a base que establecería os novos códigos dunha arte e unha cultura galegas inseridas na modernidade.

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición
A táctica do colibrí
Activismos educativos na defensa dos dereitos humanos
/
Exposición