Cabañas para pensar

/
Dirección Eduardo Outeiro
Comisarios Alfredo Olmedo, Alberto Ruiz de Samaniego

A relación dos autores cos seus espazos de creación sempre fascinou aos estudosos da literatura e a estética, sobre todo se temos en conta que o lugar onde se escribe unha obra inflúe significativamente no seu ritmo, na súa estrutura e no seu contido. Partindo desta idea nace a exposición Cabañas para pensar, un proxecto de Eduardo Outeiro comisariado por Alfredo Olmedo e Alberto Ruiz de Samaniego. A través das cabanas de once creadores fundamentais da modernidade desenvólvese unha investigación que afonda e pon de manifesto a importancia da organización do espazo durante o proceso creativo. Neste caso, a contorna escollida por todos eles redúcese, en apariencia solamente, á mínima expresión arquitectónica, inmersa na maioría dos casos nunha natureza ás veces exhuberante, outras agreste e minimalista.

Cabañas para pensar analiza unha serie de exemplos de arquitecturas íntimas e esenciais a través dun conxunto de fotografías, de planos arquitectónicos, maquetas e documentación diversa, como por exemplo os herbarios de cada un dos lugares nos que están situadas estas construccións. A exposición formula un estudo da relación existente entre a intimidade escollida conscientemente e o procesos creativos dos filósofos Ludwig Wittgenstein e Martin Heidegger, os compositores Edvard Grieg e Gustav Mahler, o dramaturgo August Strindberg, os escritores Knut Hamsun, George Bernard Shaw e Virginia Woolf, o poeta Dylan Thomas, o cineasta Derek Jarman, e, por último, o explorador e escritor Thomas Edward Lawrence, máis coñecido como Lawrence de Arabia.

Exposicións actuais

Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición