Bernardí Roig. Teorema (interrumpido)

/
Comisarios Fernando Castro Flórez

A exposición Teorema (interrumpido) de Bernardí Roig recompila o que podemos denominar as súas “pezas fílmicas”, é dicir, aquelas nas que o elemento central ten que ver coa cita cinematográfica nunha estratexia moi peculiar de apropiacionismo que da lugar a imaxes dialécticas. O comisario da exposición, Fernando Castro Flórez, ofrece unha escolla de obras nas que o artista mallorquín reinterpreta, entre outros exemplos, Blow Up de Antonioni, Blue Veltet de David Lynch, Teorema de Pasolini, Gritos e susurros de Bergman, O enigma de Gaspar Hauser de Herzog, Camaleón de John Lesley, O ano pasado en Marienbad de Alain Resnais, Nostalxia de Tarkovsky ou O italiano, baseado nun texto de Thomas Bernhard. O “apropiacionismo” de Bernardí Roig non ten nada que ver coa anestesia do gusto que está na base dos ready-mades, ao contrario, as súas eleccións teñen que ver cunha cartografía estética persoal que non se detén no acto ritual da simple homenaxe, senón que tira partido do que Comolli cualificara como “a fatalidade ficcional do cine”.

Teorema (interrumpido) é a primeira escolla curatorial das pezas “fílmicas” e as vídeo-instalacións de Bernardí Roig. Con motivo da celebración desta mostra, editaráse un libro con textos de Fernando Castro Flórez, Miguel Ángel Hernández Navarro, Enrique Vila-Matas, Alberto Ruiz de Samaniego e Omar Calabrese.

Artistas: Bernardí Roig

Exposicións actuais

Lois Patiño. Marea
/
Exposición
Victoria Gil. Coser el río
/
Exposición